Onte, día 16 de maio, tivo lugar a celebración do Día das Letras Galegas, no local Social da Gándara, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño.
RVB naceu en Santiago en 1950 e faleceu no 2002, na mesma cidade. Formou parte de Grupo Abrente, Teatro Antroido, Teatro do Aquí e Teatro do Estaribel.
É dicir, toda a súa vida xirou arredor do teatro o que lle acadou importantes premios: Abrente, O Facho, Ciudad de Valladolid, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Xacobeo 92, Eixo Atlántico, María Casares…
Tanto era actor, como iluminador, como escenógrafo, dáballe a todos os paus. Era un todoterreo, un traballador incansable.
Para a súa primeira muller, Laura Ponte, que foi compañeira na fundación que sería a primeira compañía profesional de Galicia (Teatro Antroido), a homenaxe a RVB é un símbolo, xa que é a primeira vez que esta xornada se adica a un autor únicamente dramático.
O seu fillo Roi Vidal (1982), músico, dramaturgo e poeta, describe o seu pai en poucas palabras: “Meu pai era un pallaso incómodo”
Roi está a escribir unha biografía súa, e dí que non era suficientemente coñecido porque era dramaturgo, que de ser novelista sería un best seller, posto que os seus espectáculos tiñan máis espectadores que lectores tiña o escritor galego máis vendido.
Dí tamén que de sempre RVB entrontouse ó poder. A primeira vez que puxo o naríz de pallaso foi en “Caprice des dieus” para contar cousas que lle acababan de suceder: o veto da consellería, falta de apoio da propia profesión…
Pero sobre todo, Roi, resalta de seu pai a súa dignidade, a súa preocupación polos máis marxinados da sociedade: os perdedores, os tolos, as putas.
Roi preguntoulle á súa filla de cinco anos a quen se lle adicaba o Día das Letras Galegas este ano, e ela, respondeu, toda chea de razón e tocándose o nariz:
“!A un pallaso!”
Colaboraron coa AA.VV:
Narart, o Concello de Narón e a Deputación Provincial.
No acto se encontraban representantes do Concello e tamén da Deputación Provincial.
E pola parte de Narart, interviron nas lecturas Esther Val e Mª Jesús Millarengo.
Gilberto Castro Bouza, presidente da AA.VV “A Gándara”, momentos antes de comezar o acto, cunha caricatura de Vidal Bolaño que presidía a mesa na que intervirían máis tarde os lectores que contarían contos, lerían poemas e relatos.
Gilberto Castro, acompañado de Juan Muiña Ríos, presidente do Rectorado da AA.VV “A Gándara”
Os catro lectores que participaron na conmemoración.
De ezquerda a dereita: Mariola Hermida, Andrés C. M. Riveira, Esther Val e Mª Jesús Millarengo, estas dúas últimas vocales da Xunta Directiva de Narart.
Os lectores acompañados por Juan Zaplana, Secretario e Tesoreiro de Narart (ezquerda), e José Ignacio Dapena Fernández, Presidente de Narart (dereita).
Gilberto Castro dando inicio ó acto.
Ó final das lecturas, a AA.VV, ofreceu ós participantes un pequeño agallaso de recordo, e un pinchiño acompañado duns refrescos e unha copa de viño.
En la foto podemos ver al portavoz del Partido Popular en Narón y miembro de la Diputación Provincial de A Coruña, D. Miguel de Santiago Boullón y al presidente de la AA.VV “A Gándara”, Gilberto Castro Bouza (segundo y tercero por la izquierda).
Moitas gracias a todos por participar deste acto tan entrañable por momentos, e por outros tan divertidos.
Fotos: NARART
Información extraída de Interent, e dunha entrevista publicada na Voz de Galicia, ó seu fillo Roi Vidal.
Junta Directiva Narart
No hay comentarios:
Publicar un comentario