Queremos animarvos a todos, a que pasedes polo Centro Cultural Torrente Ballester, a ver as exposicións que se inauguraron onte as oito, cunha gran afluencia de público.
“DIURNES” Pablo Picasso / André Villers [Diurnes, do latín “diurnus” –cotián-]
“EN TORNO A PICASSO”: Juan López e Misha Bies Golas
A primeira é un proxecto nacido da colaboración entre o artista malagueño e o fotógrafo André Villers no que o primeiro levaba ao collage as imaxes do segundo. Un traballo realizado ao longo dos anos 50 e publicado en 1962 do que en Ferrol poden verse unhas 30 obras, das máis de medio centenar de orixinais.
Na segunda, os creadores galegos, Juan López e Misha Bies, reflexionan a través da música e collages, sobre a proposta picassiana.
Disfruté motísimo coas obras expostas e co quinteto de vento que amenizou os instantes previos á inauguración oficial.
Asimismo, tamén poderedes disfrutar da obra pictórica de Xoan Manuel Guerreiro (Xove-Lugo 1956), na súa exposición “REXISTROS DE SILENCIO”.
Guerreiro é todo un referente da pintura figurativa, tanto a nivel galego como nacional, sendo a día de hoxe o principal representante de esta técnica.
Ademais do seu traballo como pintor, tamén realizou ilustracións para libros e deseñou portadas de discos e murais.
E por último, tamén poderedes ver os traballos de algúns artistas do Liceo Europeo das Artes. A mostra inclúe o traballo de casi unha ducia de creadores, que amosarán as súas obras.
Pintura: Ana Sabín, Arantxa Prada, José M. Sánchez, Manuel Barro, Montse Grande, Regino Molina
Ceramista: Carme Romero
Fotógrafos: Manuel Pombo, Elena Abad, Eva Villar
Escultor: Rafael Nadales
Las fotografías fueron realizadas por Esther Val,
Vocal de Narart,
que se encontraba en la inauguración.
Junta Directiva Narart
No hay comentarios:
Publicar un comentario